lunes, 14 de febrero de 2011

A marabillosa medicina de George

A marabillosa medicina de George

Persoaxes: George, señora Kranky, señor Kranky e a avoa Kranky
 
A avoa de George é unha vella rosmona a que lle gustan as eirugas e as lesmas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben rexentes e todos os días ten que tomar unha medicina.
A nai de George foi a vila a comprar.George quedou so coa avoa e tiña que facerlle a súa medicina, pero George está farto da vella que rosma todos os días. Así que George, fíxolle unha medicina con unha receita inventada.
Púxolle todo o que encontrou na casa: Champú brillo dourado , pasta de dentes, superespuma de afeitar… Despois doulle a medicina a avoa, cando a bebeu fixo un montón  de cousas: Ouveou, pegou un chimpo e non baixou do aire, ardíalle o estómago, saíalle fume pola boca e polo nariz, inflou… e por último medrou e medrou ata chegar ao tellado.A avoa sentíase estupenda así que George doulle a medicina a unha galiña parda e medrou e medrou uns centímetros menos que a avoa.
       A señora e o señor Kranky sorprendéronse. O señor Kranky preguntoulle quen fixera eso, George confesou, pero o senor Kranky estaba contento con el porque con un ovo tan grande poderíase facer unha tortilla para vinte persoas. O señor Kranky e George déronlle a medicina a todos os animais da granxa, e cando se acabou o señor Kranky dixo que a ía comercializar, pero tiña que facer a lista dos ingredientes.
      A medicina que fixeron saiulles mal porque en vez de que a galiña medrase, so lle creceron as patas, George recordou que lle faltaba algo. A segunda medicina que fixeron tamén  lles saiu mal en vez de que a galiña  medrase,  só lle creceu o pescozo. A número catro tamén saiu mal igual, a galiña encollera.
       A avoa xa estaba farta de que non a atenderan e tamén de que non lle trouxeran a súa cunca de té. De súpeto a avoa mirou para a cunca de George e pensou que era té, pero era cincuenta doses da medicina máxica de George e o señor Kranky. Cando a bebeu a  avoa foi diminuindo de tamaño pouco a pouco ata que desapareceu.
       Este e o resumen do conto de <<A maravillosa medicina de George>>.
                       Feito por: Ismael Gándara Landeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario