Esta ponte, de decembro do 2011, fun a pasar uns días o Bierzo (comarca de León ó lado de Galicia). Fun a visitar a miña amiga Andrea que ten a misma idade ca min, o seu irmán David que ten catro anos
ANDREA e MAR. |
e ós seus pais.
Eles durante a semana viven en Cacabelos municipio famoso polos seus viños.
Os festivos ou fins de semana normalmente van a casa que teñen na montaña, na serra dos Ancares Leoneses nunha aldea chamada Tejeira ou Teixeira que pertenece ó concello de Villafranca del Bierzo. Dende Villafranca ata Teixeira levounos case que unha hora en coche.
TEIXEIRA |
Esto é Teixeira, está a 1980 metros de altura e cando hai moito frío está sempre nevada.
Na aldea non vive ningún rapaz. Andrea e David só van algúns fins de semana, xa que alí viven seus avós. Eles compraron unha casa antiga que están restaurando. Como eles outros rapaces e rapazas van visitar ós seus avós e avoas, pero só de vez en cando.
En Teixeira hai unha capela,
un campo de fútbol,
un bar, un parque infantil e unha igrexa;
tamén pasa por alí un río.
Estas son as típicas pallozas, aínda que estas xa están en ruinas e sendo as mais famosas as de Balboa, pero esta vez non fomos ata alí.
No outono recollen as castañas dos seus prados e despois as venden, secas ou verdes.
Estas últimas fotos son en Villafranca do Bierzo. Andrea non poido vir porque tiña colexio e dous exames.
MAR MARCOTE DOMÍNGUEZ, ( 6º A), 12 de decembro de 2011.