Once verbas obrigatorias.




Once palabras obrigatorias nestas historias
Bafarada: sopro forte de aire/ bafo que cheira mal
Contiguo : que está ao lado. *contiguo
Termar: ter en conta de.., suxeitar/ agarrar, aguantar. *coger, sujetar.
Andeis: taboleiro de calqueira material a carón dunha parede ou formando parte dun moble. *estantes
Díxitos: Aplícase ó numero menor de 10/ 12ª parte de diámetro aparente do Sol e da Lúa.
Morango: morote amorodo. *fresa
Unllas: parte córnea que aparece no extremo dos dedos das persoas/pezuño dos animais/brazo da áncora *uñas
Rillar: roer, rilar.* morder
Preto: apertado, tupido,xunto/apurado,cerca. *cerca
Agasallo: mostrade consideración e agarimo/acción e efecto de agasallar.* regalo
Peto: recipiente pequeno/ peza do vestido para levar nela os obxectos mais esenciais/aveinsectívora de cor verdosa. *bolsillo

UN AGASALLO DE MORTE
 
Hoxe pola tarde, todos os alumnos do Eugenio López íamos a ter unha actuación. Mentres que íamos a actuación eu sentía a Fabio moi nervioso, pero eu non me preocupei demasiado. Antes de entrar na biblioteca o noso profesor Cañizo díxonos que tiñamos que estar calados. Mentres Fabio apoiouse no andel e empezou a comer un morango que lle deixou a boca toda vermella. Cando nós entramos o director saía para ir ao cuarto contigüo.
Marcos non paraba de falar da Mitoloxía e Xabier máis María seguían rifando sobre quen era mellor, de súpeto oímos un berro do cuarto contigüo. Nós fomos correndo e vimos que era un agasallo, pero non era simplemente un agasallo, era unha BOMBA!!! E preto dela estaba o director. Na bomba había unha nota, que poñía: se queredes desactivar a bomba, teredes que adiviñar os catro díxitos. Eu termando da bomba, empecei a introducir números, pero ningún era correcto. Mentres tanto,  Marcos xa tiña as unllas rilladas de tanto mordelas e Fabio botaba bafaradas de tantos nervios e eu xa estaba sudando. Mario doume un pano do seu peto, e limpeime. Cando só quedaban vintesete segundos para que explotase a bomba, introduxen os seguintes díxitos: 0001. A bomba detiuse e todos saltamos de alegría, menos Fabio que entristeceu. Eu pregunteille por qué  se entristecía, e él díxome que non quería máis deberes e por iso quería explotar o colexio, pero eu dixenlle:
Xa terás tempo de deitarte no sofá da casa a ver a televisión.
 
                                         ISMAEL GÁNDARA LANDEIRA

A granxa .
Nesta humilde granxa , das poucas que hai no concello de Cee , traballa meu tío Ramón está distribuída da seguinte maneira :
Os porcos no piquiño esquerdo da granxa a cocha dos porcos contén barro e comida para eles.
Contiguo, cara a dereita, están as galiñas no galiñeiro.As sole comer o zorro.
Cara a dereita encóntrase a corte que ten ben coidados os cabalos, pero estes cabalos son moi raros por que lles encanta o morango en vez da cenoria.
Mais cerca da porta encóntrase as vacas que teñen a comida dividida en andeis baixos por que o terneiro non lle chega os altos .
Cara a esquerda, están as ovellas que nun sei como fan pero parece que teñen as unllas rilladas.
Mais cara a esquerda están os coellos, q1ue cando lles queremos dar un agasallo eles non o aceptan.
Pero esta granxa non é normal por que pola noite dos domingos, dous coellos van a casa e collen o disquete musical, un cabalo colle a bola da discoteca por que esta preto da ventá e… festa todos bailan e quen baile mellor gaña hoxe gañou unha vaca o próximo domingo quen gañara?
Logo volvín a casa, ducheime vestín o pixama e baixei a cear con meu tío Ramón que preparou patacas fritas con filete de polo isto non é un bufoo!
FIN
                                                              Xabier Insua Miñones
  Unha tarde inesperada
Érase unha vez un rapaz de 15 anos que ía xogar ó parque, sentiu unha bafarada a morango que estaba o lado dun edificio contiguo, preto dunha de chocolate. El termou a porta e entrou, nos andeis había moitísimas chocolatinas e comezou a dicir:
-Quero ese, e ese, e ese, e ese e ese!
O dependente díxolle:
-Eres o noso cliente número 100, tes unha sorpresa ven comigo a trastenda.
El rillaba nas unllas e o dependente chanceou dicíndolle:
-Vas quedar en carne viva, rapaz!
El colleu o agasallo e marchou, de súpeto mirou o reloxo e díxose a sí mesmo:
-Vou ó parque ou non?
Pero iso e outra historia moi lonxana.
                                                  JOSÉ ÁNGEL CARBALLO GONZÁLEZ

O peto encantado
Un día, mentres Xoan intentaba rillarse as unllas dos pés na bañeira,outro neno chamado Alexandro miraba no seu peto e adentrouse nel.Xoan , que estaba na bañeira , tamén foi enviado a ese mundo do peto.
_Que raro, e como un mundo paralelo_ dixo Alexandro.
_!Tamén e raro que eu estuvera na bañeira desnudo na bañeira e aparecera a
quí con roupa_dixo Xoan.
_Será porque nadie quere ver …!Eso!
Nese mundo paralelo no que a Xoan lle regalaran “roupa” estaba todo blanco. Non había nada, nin herba, nin árbores, !Nada!
Pero despois seguiron camiñando e se encontraron uns nenos iguais queles.
_¿Porqué está todo branco?
Non contestaron . Entonces, nós fomos enviados a outra dimensión sin saber nada deste mundo paralelo.Ahora había utros iguais queles.
_Ola
_Ola
Nese mundo non estaba todo blanco, era normal.
_Esto e un mundo de díxitos branco
Juan termou o pantalón e dixo: _Guau. Vale,xa e hora de que vos marchedes. !Vos tiñades planeado todo isto.
_Sí
_Grazas polo agasallo, adeus. E moi bonito viaxar por as dimensións.
                                      MARIO INSUA MIÑONES
 

O SEGREDO

O meu avó sempre me contaba esta historia. Atendede:
Nun pobo moi lonxano destacaba unha casa pola bafarada que botaba pola chemenea, por certo, nada agradable, con olor a azufre. Se a casa era estrana, moito máis era a persoa que vivía nela:  alto, fraco, cunhas mans larguísimas, medio encollido, barbas descoidadas, vestía sempre de escuro,  un abrigo medio roído, incluso no verán. O estrano era que nunca o quitaba.
Contaba meu avó que no bolsillo do abrigo levaba sempre unha chave gardada.
Os homes da súa aldea intentaron quitarlle o abrigo a ese home,ata con artimañas que non vos  podedes imaxinar,pero non o conseguiron.
Certo día, un viaxante perdeuse e foi parar ata a horta dese home estrano. Este estaba axeonllado no chan, cavando. De repente ve como saca un cofre. Do peto saca unha chave, grande e dourada.
O viaxante botando unha ollada veu que no cofre había… unhas unllas! E aínda por enriba rilladas.
Colleu tanto medo que fuxiu correndo a máis non poder.
E agora pregúntome: ese viaxante, sería meu avó?
Paula Insua Domínguez
 O dependiente e o libro 
Cando saía hoxe á rúa, había bafarada a morango podrido no  ambiente. 
No edificio contiguo cos díxitos 56 un home termaba dos andeis que suxeitaban uns libros. 
Pensei en entrar alí a mercar algo, e así o fixen. 
Entrei e pedinlle un libro sobre o coidado das unllas. Ó cómpralo, o dependiente díxome que 
non o compraría porque tiña as unllas moi rilladas. 
Eu púxenme a rir. O dependiente preguntoume qué número tiña na etiqueta, eu contesteille
que o 56 era ese número. 
Entón, o dependiente moi sorprendido dixo: 
-      Rapaz, fuches premiado!. 
-      ¿como? Respondín eu. 
O dependiente explicoume: ó ter o número 56 na etiqueta vas a ser premiado cun agasallo, ven 
comigo a un cuarto que está aquí preto. 
Eu fixen o que el me dixera e acompañeino ata ese susodicho cuarto. Ó entrar nel quedei abraiado, e dixen: 
aquí hai moitos libros de moitos temas diferentes. 
O dependiente contestou: escolle o que queiras. Eu non sabía por onde empezar. 
Empecei a quitar libros e revolver andeis cheos de libros. Entre miles e miles de libros sorprendentes
houbo un que me chamou a atención. Titulábase “Babel”. 
Eu moi sorprendido preguntei:  ¿de que trata ese libro?.  O dependente riuse e díxome: cólleo e quédate 
con el, porque ese libro está repleto da túa imaxinación, e canto máis grande sexa mellor será o libro. 
A continuación deille as grazas e marchei pensando qué boa tiña que ser a imprenta que imprimiu 
este libro. 
                                                                   Marcos Castelo García.


O MEU SEGREDO SEN DESVELAR
Estaba eu camiñando tranquilamente pola plaza da miña vila, cando pasei, por diante dunha tenda que anteriormente nunca vira, desta saía unha bafarada con olor a flores frescas.
Eu entrei e chamei polo dependente pero non contestou ninguén, seguín camiñando polo interior dese lugar pero detinme diante duns andeis cheos de libros extraños. Non o puiden evitar e collín un deses extraordinario libros, este non era normal, ese obxecto polo interior estaba cheo de díxitos desordeados que seguramente terían un significado cun segredo no interior.
Collín o libro “ prestado” e leveino a miña casa. Alí, intentei descifrar o código mentres non paraba de rillar as unllas alternamente co bocadillo de chorizón.
Non fun capaz pero intenteino o día seguinte e remexendo nos meus petos atopei agasallos, gardados no arcón cor morango que estaba contiguo ao meu escritorio, é dicir,preto da xanela.
Abrín o arcón , e... abofé que me atopei cunha gran sorpresa!! Alí estaba un libro que me regalara a miña irmá facía seis anos polo meu aniversario. Este libro contiña o código morse e nas últimas follas había escritos unha especie de díxitos semellantes aos do libro.
Entón non me rendín e baixei correndo a polo libro, observeino e... TODO COINCIDÍA!!!! .
Tres días despois fun devover o libro á tenda na que aínda non había dependente, e alí collín outros dous libros para descifrar os seu segredos , que eran vellos refráns coma:
FAI BEN E NON MIRES A QUEN.
Pero shhhh.....!!!! non lle contedes isto a ninguén porque deica agora isto soamente é o meu SEGREDO SEN DESVELAR!!!!!!          FIN
                      María Agulleiro Casais
Erase unha vez, nun país moi lonxano, hai moito tempo, existía un reinado contiguo a un frondoso bosque, nese reinado había un Castelo, no que vivía un malvado rei, o lado do Castelo vivía o antigo rei dese reinado, que fora subtituído polo novo, despois dunha loita, que segundo conta a lenda durou 100 anos. Nesa batalla, morreron case todos os homes do rei, excepto él, pois consultara a unha bruxa uns remedios e ésta deulle un frasco co olixir da eterna xuventude. Agora, reinaba o caos e a miseria….
-¡Que miseria a miña!- gritaba o antigo rei Ramón- sen un anaco de pan que levarme a boca, como voto de menos os tempos nos que un pratiño de amorodos con nata era o postre habitual. Para que quero eu a eterna xuventude se a miña vida consiste nesta miseria. Sen unha soa moeda no peto.
-¡Pois plantalle cara!- gritou unha voz suave que proviña de detrás del , o mesmo tempo que un bufo agradable comenzaba a invadir a choza.
-A quen Margarida?- dixo Ramón.
Margarida era a súa acompañante e muller, que se casara con el facía a penas uns anos cando a súa primeira muller falecera a causa dunha peste.
--A quén vai ser meu rei, ao rei Felipe!
-Creo que non e moi boa idea….
Ramón ergueuse e foi xunto un pequeño estante onde había pouco mais duns dez libros.
Dirixiuse ao terceiro andel, no que se atopaban tres deles, temou un, que trataba sobre unha antiga lenda sobre o bosque que estaba preto do reino, o libro contaba que había unha flor dos desexos, que concedía o desexo que se quixera a persoa que o quixera, pero el nunca crera nesas lendas e non ía crer agora nelas, continuou lendo, non lle deu importancia…
                                                                CARME AYALA LAGO
 BAFARADA  PERIGOSA

Todo comezou un cálido día de verán. Uns nenos estaban a xogar na praia cando escoitaron un forte ruído, foron mirar que pasara e, todos nerviosos comezaron rillar as unllas.
De camiño encontraron uns díxitos raros e comezaron a investigar.
Laura, termou os díxitos cando Xoán encontrou unha folla de morango. Os rapaces foron buscar un refuxio e atoparon, enriba dunha árbore unha especie de casa con andeis, e contiguo, unha cama.
De súpeto Xoán douse conta de que no seu peto había un teléfono e chamou a súa nai para decirlle que ían durmir fóra. E a súa nai antes de que Xoán poidera dicir nada díxolle que na casa tiña un agasallo.
Mentres Laura ollou ou mellor dito oliu un tremendo bafo.
Bueno a historia continúa pero iso doutra vez. 

                                                                        IRENE GONZÁLEZ COSTA
¡Unha Volta Moi ……..Rara!
Un rapaz de 11 anos, que provén de París, ven pasar as vacacións  de verán a casa da súa avoa .En Asturias, nun sitio moi lonxano donde as montañas altas e anchas o tapaban  solo sabían chegar ata alí as persoas máis listas. Os seus país volverían a súa cidade pois tiñan que volver ao traballo, o rapaz quedou alí.
Todos os días os  pasaba na casa, aburriase  tanto que un día por as 4 da tarde decidiu ir dar unha volta. Pero…non sería unha volta calquera, non sería unha normal, sería moi estraña. Pasou por varias casas: pintadas de distintos cores, con máis frecuencia entre gris e negro, como si estivesen de luito. Pero máis ao longo encontrou unha casa de cores moi vivo.
O neno decidui entrar, pero antes petou na porta pero alí non había ninguén, o rapaz empezou a matinar  que alí non había ninguén. Estaba a porta aberta e entrou, había un espello; contiguo un armario pequeño e por último un percheiro.
Había andeis por todos os sitios, pero o que lle estrañou  e que non había nada nos andeis, non se preguntaba porque, pero, seguiu andando. Había fotos, moitas fotos e todas con díxitos, era moi raro, preto del había un agasallo moi grande, acercouse, botaba unha bafarada espantosa con olor a queixo mesturado con atún. Botouse atrás, había unas escaleiras e subiunas, ali, no primeiro cuarto: estaba cheo de xoguetes de rapazas: Monecas,peluches…
Foi a seguinte habitación e tocou a porta. Era como de ferro, rabuñouna como un gato. Entrou e decote viu algo que lle resultou estraño, era como un boneco pintado con rotuladores de cor vermello é negro; a cara toda rota e o pelo con dúas trenzas como dous cornos .O rapaz que era moi medica pero tiña valor de subir a casa, empezou a correr, saiu da casa e foi correndo ata a casa da súa avoa. Ela díxolle:
-Onde estabas rapaz? tiñasme moi preocupada – dixo a avoa nerviosa.
-Tranquila avoa – dixo el con acento francés.
-Morango (Significado: retrasar) da túa hora.
O rapaz cando viu a súas unllas sorprendiuse pois as tiña rilladas de rabuñar a porta de ferro. O rapaz contoulle todo a súa avoa e ela díxolle que non fóra nunca máis e deulle unha cadea da sorte para que non lle pasase nunca nada.
                                          FIN
                                                                                    PAULA CANOSA SENRA

A TENDA
Hoxe é o primeiro día que durmo nesta casa. Mudeime a esta rúa polo traballo dos meus pais. Cando ía cara a miña casa, ao rematar todas as tarefas de fora da casa, reparei nun edificio contiguo a miña vivenda ao virme unha bafarada de doces olores.O meu apetito obrigoume a entrar.Cando estiven a piques de abrir a porta da tenda e ollei o panorama:
Dous homes, un atendendo na caixa e o segundo colocando unhas bolsiñas nos andeis da tenda, as bolsas parecían conter unhas flores de estraña figura. O olor podiase ver no aire, un fío de cor salmón pálido danzando sobre as cabezas presumindo do doce e melodioso olor que podía transmitir.
Entrei, o primeiro que fixen foi resolver o primeiro que facía que a miña mente imaxinara o que contiñan as bolsiñas. Morangos, uns estraños morangos. O dependente pousábaos tan despacio e tranquilamente que non parecían unhas bolsiñas cuns morangos.
Cando me decidín a coller unhas das bolsiñas para ela máis de cerca, o home da caixa (a unha velocidade incríble) púxose tan preto de min que pareca que podía sentir a súa respiración e os seus latexos. Xireime para velo pero cometín un grave erro porque o seu rostro era moito máis apagado que anteriormente. Ameazoume dicíndome:
-Apousa eso con delicadeza polo teu ben-
Despois dun momento de miradas baixen a cabeza para mirar o reloxo, dei un respingo ao ver a alarmante hora que era.
Sabía que meus pais ían volverse tolos por volver a esa hora dunha rúa descoñecida.
Ao día seguinte pasei pola tenda e asusteime ao ver que era todo diferente: na caixa unha muller coa roupa rillada, e nos andeis unhas unllas artificiais. En todas as portas había uns díxitos .
A muller da caixa sacou un agasallo do peto e entregoullo a unha muller que acaba de saír dunha das portas. Pero esa é outra historia.
                                                           ANTÍA CANOSA TOBA


O cadro de Fidel.
O outro día, entrei no faiado, alí había unha bafarada a azufre. Contigua á porta había un armario moi estraño, era grande e amarelo. Dentro había un cadro con 2 díxitos:o 6 e o 2, estaba firmado por Fidel C.
Eu puxen o cadro no chan e de repente apareceu unha porta. Eu abrina e, un bafo apareceu nese momento, eu asusteime. Cando o bafo desapareceu, vin o corpo dunha persoa, e falou:
-Terma destes andeis, non teñas medo. Elixe o libro correcto que ten a chave da liberdade. Introdúcea dentro da porta e abrirase.
Eu fixen o que me dixera esa voz estraña. Non sabía que libro elixir. Elixín un libro amarelo e.... bingo!!! Acertei, introducín a chave dentro da porta, a porta abriuse e un morango xigante guioume ata a saída, pero...
Detiuse preto dun lugar fermoso, deume un agasallo que gardei no meu peto. O morango falou:
-Estás na fermosa cidade Dourada, unha cidade fantasma. Busca un cadro cos díxitos do outro cadro polo que entraches aquí.
Eu seguín e atopei un cadro co díxito 31. Non é este, pensei.Atopei o cadro co díxito 61 e pensei: xa está preto.
E finalmente atopei o 62. Saltei dentro e regresei ó meu faiado. Gardei o cadro no armario e baixei. Aínda non cría que falara con morango, pero irei á fermosa cidade Dourada dentro dun par de anos, cando se me pase o susto de hoxe.
                                                                             ALEXIA MARIÑO BEIRO  

UN DÍA DE CHUVIA...

Un día de choiva estaba a agardar ó meu avó. Xa que non viña, fun a fóra cun paraugas a mirar pero… de súpeto unha bafarada veume ó meu naríz. Suspirei e botei un bafo, baixei correndo a cociña de fóra da casa. Vin a miña avoa e pregunteille:
De onde provén esa bafarada?-Ela contestoume cun soriso, abriu o forno e dalí sacou unha enorme tarta de queixo.¡que rico debe de estar!-Dicía eu mentres miña avoa metíalle marmelada de morango por riba.
Nese momento o noso gato chegou correndo da habitación contigua e de súpeto saltou ata os andeis. Miña avóa, do susto que levou, termou a bandexa onde se encontraba o gran pastel. Entón o gato bufou e sacou as unllas. Nese momento abriuse a porta e entrou alguén. Era un veciño que quería falar coa miña avoa. Ela deixou o pastel na mesa. O veciño quería darlle un agasallo que lle  trouxera de AMÉRICA onde el residía actualmente. Era un peto ca forma da cidade de NOVA YORK.
Cando se deron conta o gato estaba preto da tarta e tiña os bigotes cheos de marmelada de morango e a tarta estaba chea de rilladas. Mirámonos uns a outros e comezamos a rir.
                                                                                    Silvia Castro García.                                                  O MEU SONO.
Sumando os díxitos totais das miñas unllas rilladas axudoume a descubrir o pasadizo para coller o agasallo.
Co meu peto de cor vermello eu ía polos camiños daquel labirinto con miles de paredes.
Nunha das paredes había unha portiña duns 30 cm. e na porta podíase ler:
Se queres encoller e poder pasar pola miña porta terás que comer o morango dos ananos.
Preto de alí encontrei un morango que poñía enriba del “o morango dos ananos”, collino, pero non o comín.
Retrocedín cara aquela porta diminuta; comín o morango e xuuuun, ¡era incrible; era pequena! Era idéntica pero varía o meu tamaño.
Cando entrei pola porta sentín unha bafarada de olores.
Había andeis que subían e baixaban e unas tartarugas malas e incluso unha animal raro con caparazón puntiagudo.
-Desexo estar no cuarto contiguo! –Dixen.
-Mara esperta! –Díxome mamá.
Guau era como o xogo Mario Bross!
                                                                             MAR MARCOTE DOMÍNGUEZ                                       A CEA NA PIZZERÍA

Chegou o día dun aniversario dun neno chamado Pepe e como era moi tímido e non quería celebrar o seu aniversario cos amigos, por iso,díxolle ós pais que quería ir cear unha pizza.
Cando entrou pola porta o neno sentiu unha bafarada de olores, ulía a queixo, tomate etc.
Sentáronse nunha mesa ó fondo do local onde había unha sala de xogos: o futbolín, cartas e xadrez.
Acercóuselle a camareira para ver que querían pedir e xusto nese momento sentáronse na mesa contigua unhas parellas con dous nenos que tiñan pinta de ricos.
Como era a primeira vez que saían a cear fóra Pepe púxose moi nervioso e empezou a morder as unllas e quedáronlle moi rilladas.
Os nenos da outra mesa preguntáronlle a Pepe se quería xogar con eles mentres esperaban pola comida. Pepe díxolle que si e foron xogar ao futbolín e preto había uns andeis con pezas de porcelana feitas polo dono da pizzería. Sen querer tirou unha peza e Pepe reaccionou rápido e termou da peza e conseguiu que non caera ó chan.
O dono díxolle que non pasara nada e tiñan a comida lista e cada un foi para a súa mesa.
Mentres que os pais falaban e tomaban o café os nenos seguiron xogando ó xadrez e as cartas ata que se cansaron. O pai de Pepe pediu a conta e no papel había moitos díxitos que Pepe non comprendía o que significaban aínda que o pai llo intentou explicar.
A camareira como sabía que era o aniversario de Pepe sacou do peto un agasallo que era unha bolsa chea de larpeiradas con sabor a sabor morango ácido. Pepe deulle as grazas e foi correndo a repartilas cos outros nenos. Marcharon todos da pizzería e Pepe ía tan contento que dixo que o próximo aniversario faría unha festa cos amigos.
Fabio González Antón
Un agasallo por duplicado
Un día, cando viña de xogar cas miñas amigas para casa de repente detubome unha bafarada cun olor a morango. Termei o pomo da porta e mirei para os andeis pero no que mais me fixei foi no que estaba contiguo ao mostrador, nel había un montón de madalenas, de chocolate,con crema, de azucar…
A min apetecíame una pero a que quería comprar non tiña prezo eu pregunteille o dependente:
-canto custa a madalena con chocolate negro?
E el respondeume cun sonriso
-O prezo desa madalena e de tres díxitos, es capaz de aberigualo se o consigues dareiche un agasallo?
-1,50?-dixen
-En efecto rapaz ese e o prezo desa madalena, toma o teu agasallo
Eu gardeino no peto, logo comprei a madalena e lle din as grazas polo agasallo el me dixo que non tiña importancia xa que era o seu cliente numero mil. Ao chegar a casa miña nai me dixo que me tiña unha sorpresa eu empecei a morder as unllas ata telas todas rilladas resulta que era un enorme pastel o que me recordou que non abrira o agasallo que me dera o dependente, era un agasallo pequeno e non pesaba moito cando o abrín era un vale gratis por un pastel de chocolate e nata idéntico o que comprara miña nai entón pregunteille:
-Mamá, donde comprastes este pastel?
-Na pastelería que está aquí preto, por qué?
-Porque teño un vale por un pastel coma este gratis da pastelería de aquí preto.
Hoxe tiven moita sorte, non sempre se ten un agasallo por duplicado.
                                                                   Lidia Mª Canosa Estévez
Un  agasallo de peto

Un día preto da miña casa vin unha tablet``un díxito´´.
Eu compreina e despois fun a miña casa a comer morangos. Estes morangos tiñan un bufo moi forte.
Máis tarde chegoume a invitación que poñia:
Ti estás invitada ao meu aniversario. Cumpliren 13 anos e quero terte neste día tan especial.
Pídoche que veñas arreglada e con algún abrigo.
No meu aniversario haberá  20 andeis de 10 cm, contiguos.
Eu che digo grazas por ler esta invitación.
Bicos: RUMINA
Máis tarde fun a peluquería. E  as chicas que me atenderon dixeronme:
-Tes un bo corpo pero tamén teñes as unllas moi rilladas.
Ao sair fun a casa a dormir porque ao día seguinte era o aniversario.
O día seguinte fun ao aniversario. E alí  había 40 persoas e 10 familiares.
Ela diume un abrazo forte.
Abriu o meu regalo e lle encantou.
                ANDONI ALLO SILLERO