lunes, 24 de enero de 2011

O blogue de Quinto A

Neste blogue de quinto A, iremos incorporando páxinas feitas polos grupos organizados dentro da clase. As primeiras en facelo foron Paula e Mar.
A ver se os demais espabilan!



Febreiro: estamos a ler  A cidade maldita
  • Abella Chouciño, Xelucho, (aut.)
  • Iglesias, Fernando, (il.)
  • Edicións Xerais de Galicia, S.A.
  • Colección: Merlín, 28
O pai de Cibrán, un neno de doce anos, é grande afeccionado a visita-los castros e a contarlles a el e mailo seu irmán historias da cultura dos celtas. Un día, xogando no parque, Cibrán bate cun medallón, que ten gravadas nas dúas caras unha chalana de coiro e un circo de pedras. Ó collelo, queda durmido e desaparece da época actual. Reaparece nun lugar diferente, na cidade celta de Calión que foi asolagada por unha maldición. Cando os habitantes ven o medallón de Cibrán, cren que é o enviado que estaban a agardar. Sométeno a tres probas, que o rapaz pasa sen dificultade. Cibrán e dezasete homes máis embarcan rumbo á illa de Avalón, onde vive o Reí Pescador. A viaxe é accidentada e chea de perigos. Exacoca, un anano de seis cabezas, e Setanta, un valente guerreiro, axudaranos a vence-la serpente Leviatán e a chegar con ben á illa. O Rei Pescador dilles que para desface-la maldición de Calión e das outras cidades da confederación celta teñen que vence-lo xigante do ollo na caluga e os habitantes das tebras. E así Calión quedará liberada. Dúas semanas despois da súa desaparición, Cibrán reaparece de novo. Ninguén cre a historia que conta pero el, que conserva o medallón e unha rara mensaxe, sabe que todo aconteceu de verdade.

1 comentario:

  1. Hola rapaces!!
    Alégrome moito de que por fin o cole teña un blogue e poidades compartir con todos nós as cousas que facedes a diario.
    Mándovos unha aperta xigante e ánimo, que está quedando moi ben!!
    Paula :)

    ResponderEliminar