jueves, 19 de mayo de 2011

Visita de Rebeca e Silvia

Silvia Rodríguez Piñeiro e Rebeca Moreira Rey
Onte, 18 de maio, viñeron dúas estudantes universitarias, Silvia (de Gures) e Rebeca (de Estorde). Ambas estudan Terapia Ocupacional na Universidade de A Coruña, están no terceiro curso. Esta carreira prepara para poder traballar coas persoas con discapacidades, tanto físicas como mentais. 
Cando chegaron á clase, presentáronse e logo fixémoslle unha serie de preguntas nesta orde: primeiro sobre a súa estancia no colexio, logo no Agra de Raíces e a continuación na Universidade. 
P.As vosas materias preferidas eran?
Silvia: A Educación Física,  de feito pensei en estudar no INEF.
Rebeca: Eu, Matemáticas e Coñecemento do Medio. 
P. Tendes algunha anécdota que contar?
R. Sí. Cando íamos de excursión en 6º, no mes de maio de 2002, fomos unha semana a Madrid, e sete días despois quince da clase participaron no programa de Escolas Viaxeiras a Extremadura.

 

                    

jueves, 5 de mayo de 2011

O Museo Fernando Blanco segue...

Os escolares de Cee seguen coñecendo de preto a vida do mecenas Fernando Blanco. Desta volta tocoulle a un total de 20 alumnos e dous mestres de 5º de Primaria do CEIP Eugenio López de Cee, que visitaron na tarde do venres 29 de abril o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee. Ó longo de aproximadamente dúas horas, recorreron as dúas plantas do edificio, coñecendo unha parte fundamental da historia da súa vila e ollando as pezas que se atopan expostas, todo elo complementado coas explicacións por parte do responsable do museo, Darío Areas, colaborador desta casa dixitalizando os Tesouros da Fundación .
Unha vez que remataron a visita ó Museo, visitaron o IES Fernando Blanco, e ademáis de percorrer o xardín, adentráronse nas centenarias entranas do edificio, visitando a capela, a sala de profesores e a biblioteca.
Amosáronse sorprendidos ós rapaces de que alguén tan xeneroso donase todo o gañado ó longo dunha vida para que os nenos e nenas das xeracións vindeiras non sufrisen as carencias que Fernando Blanco, e outros tantos coma él, sufriron na súa nenez.



Que pasa na Costa